bq Aquaris E5 4G, a nova aposta de bq con procesador Qualcomm e 4G

apertura bq aquaris e5 4g

Ademais da tablet Aquaris E10 da que vos vimos de falar, bq tamén descubriu o novo Aquaris E5 4G, que mantén o deseño dos seus irmáns e, como vemos no nome, é o primeiro smartphone da compañía en soportar redes 4G grazas ao novo chip, que xa non é MediaTek e pasa a ser Qualcomm, en concreto o Snapgragon 410.

Con estas novas características, bq remata dunha tacada co que moitas consideraban como unha das eivas importantes que pesaban moito á hora de decidir se mercar ou non un smartphone da empresa española. En canto á conectividade contamos con WiFi b/g/n, Bluetooth 4.0, GPS/A-GPSO e dual sim (as dúas soportan 4G). O resto de características son as seguintes:

Aquaris E5 4G
Polgadas/Resolución/ppi5 / 720 x 1280 / 294
Dimensións143 x 72 x 8.7 mm
Procesador (64 bits)Snapdragon 410 a 1,2 GHz
GPUAdreno 306
RAM1 GB
ROM16 GB
Batería2850 mAh
Cámaras13 mpx BSI Exmor-RS f/1,8 / 5mpx (f/2.2)
Versión de AndroidAndroid 4.4.4 Kit Kat, actualizábel a Lollipop
Prezo219,90 €
DispoñibilidadeA partir do 28 de novembro

Que vos parece o novo trebello?

No Responses

Deixa un Comentario