BQ presenta a súa nova tablet Aquaris E10 con procesador octacore

bq aquaris e10

BQ anunciou hoxe o lanzamento de nova cacharrada, entre a que atopamos a tablet Aquari E10, que como xa nos podemos figurar polo seu nome, ten unha pantalla de 10,1 polgadas, cuxa resolución é de 1920 x 1080 pixeles.

Porén, non é o máis relevante deste trebello, que agocha no seu interior un procesador Mediatek de 8 núcleos Cortex A7 a 1,7 GHz, xunto á GPU Mali 450MP4 e 2 GB de memoria RAM. A memoria interna é de 16 GB, ampliábeis por microSD de até 32 GB, e a súa batería de 8680 mAh.

As cámaras tamén resultan superiores ás habituais neste tipo de trebellos, incorporando unha de 8 Mpx con flash LED na parte traseira e outra de 5 Mpx na frontal. En canto a son, leva dous altofalantes de 1W e tecnoloxía Dolby. Vén con Android 4.4, aínda que será actualizada a 5.0 Lollipop proximamente.

Haberá dúas versións atendendo á conectividade, unha para usuarias que só precisen WiFi e outra para aquelas que tamén queiran poder conectarse a través das redes 3G. A primeira terá un PVP de 259,90 € e a segunda de 299,90 €. Poderanse mercar en branco ou negro.

Que vos parece?

One Response

  1. Señor Paquito 25 Novembro, 2014 Responder

Deixa un Comentario