Siroco X, a nova tablet da galega Primux

primux siroco x

Coas festas do Nadal á volta da esquina, o fabricante ourensano Primux Tech vén de presentar a súa nova tablet Primux Siroco X, un trebello que incorpora como principal novidade un sensor GPS interno de serie, de cara a poder ser empregada como navegador.

Dispón de pantalla capacitiva de 10,1 polgadas, procesador de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna, ampliábeis a 16 GB. As cámaras son de 2 e 0,3 Mpx (traseira e frontal, respectivamente, e a batería de 5000 mAh.

Vén con Android 4.4 KitKat, descoñecemos se actualizábel a versións posteriores, ademais dun completo abano de opcións de conectividade, como HDMI 1080 ou a posibilidade de empregar o USB para introducirlle un modem externo que lle dea acceso ás redes móbiles 3G ou 4G.

Deixa un Comentario