Ubisoft presenta Assassin’s Creed Unity Companion App

assassins-creed-unity-companion-2-640x400

Ubisoft vén de presentarnos unha nova aplicación para todas as plataformas móbiles, publicando Assassin’s Creed Unity App, neste caso trátase dunha aplicación dedicada ó recente xogo presentado polo compañía Assassin’s Creed Unity.

Con esta aplicación conseguiremos ampliar as posibilidades do xogo, o que nos permite xestionar mellor a nosa irmandade de asasinos, exploramos a cidade de París e intentar despexar os misterios relacionados cos Glifos que se atopan dispersos por toda a cidade.

2014-10-10-ACU_123_SP_CompanionApp_1412255576

Lembramos que non estamos falando dunha aplicación independente, está chea de actividades e información estratéxica para que lle poidas sacar o maior proveito posible á funcionalidade de segunda pantalla.

Resolvendo os glifos ocultos nos lugares emblemáticos de París poderemos desbloquear misións e recompensas exclusivas en Assassin’s Creed Unity. O tamaño da aplicación poderá variar entre os 360 ou os 470 MB dependendo da plataforma elixida.

AssassinsCreedUnityCompanionApp_WorldMap_618x348

Unha cousa que está clara é que os seguidores da saga seguro que fan un bo uso dela.

Play Store

Deixa un Comentario