Revive unha volta ao pasado co mítico ‘Duck Destroyer’

Esta tarde queremos falarvos dun xogo que de seguro leva máis dunha a rememorar o mítico xogo Duck Hunt para Nintendo, onde tiñamos que cazar aves.

DuckDestroyer2

Chilingo vén de publicar Duck Destroyer, que nos trae consigo a mesma dinámica de xogo, xa que teremos que cazar o maior número de patos posibles, pero desta vez dende a pantalla do noso terminal.

duckDestroyer4

Ademais, trae consigo preto de 50 misións e diferentes obxectivos secundarios e un arsenal que vai desde un simple tirachinas até cartuchos de dinamita.

duckDstroyer3

Ao igual que na meirande parte dos xogos actuais, podémolo descargar de balde desde a Play Store, aínda que dispón de compras integradas.

Deixa un Comentario