Asistimos á presentación do Nexus 6, o primeiro smartphone con Android en galego

nexus 6 V 01Hai mes e pico Google presentou o Nexus 6 xunto o Nexus 9, o primeiro smartphone e a primeira tablet en integrar Android 5.0 – Lollipop. Esta nova versión de Android é a primeira en contar co galego como lingua nativa, logo dunha intensa campaña desenvolvida durante o último ano, #AndroidEnGalego.

Tras habilitarse a prevenda hai unhas semanas, vimos de asistir á presentación oficial do Nexus 6, que chega por fin ao noso País e podemos mercar tanto libre na Play Store e outros establecementos por 599€, como financiado a un prezo a través de Vodafone, quen o comercializa en exclusiva até xaneiro dende 20€/mes (durante 24 meses e sen pago inicial) cos seus plans Red XL, aforrando 119 € se o comparamos co prezo recomendado prezo recomendado. Deixámosvos a continuación o resto de opcións:

nexus 6 prezos V

O Nexus 6 está fabricado por Motorola e integra unha pantalla de 5,9 polgadas con resolución 2560 x 1440 píxeles (498 ppi), procesador SnapDragon 805 de catro núcleos a 2,7 GHz, 3 GB de memoria RAM e opcións de 32 e 64 GB de memoria interna. As cámaras son de 13 e 2,1 megapíxeles, con gravación en FullHD, e a batería de 3220 mAh con sistema de carga rápida e soporte para sistemas de carga sen fíos Qi.

20141202_114514

Na parte software, trae Android 5.0 con todas as novidades presentadas e non cunha versión descafeinada como a que se distribuíu nas actualizacións da gama Nexus anterior. O plano estético da nova interface de Lollipop é o que máis destaca a primeira vista, aínda que non teremos que fedellar moito para apreciar a profunidade dos cambios desta nova versión, con novas transicións, notificacións renovada, ou opcións de conectividade e aparellamento con outros trebellos.

Entre as novidades de Android 5.0 está tamén, como puidemos comprobar, o Galego. A nosa lingua chega xunto outras 14 que se incoporan nesta versión como idiomas nativos de Android, e que supón un paso máis para que o galego estea dispoñíbel en todos os ámbitos da nosa vida, así como tamén toda unha oportunidade de negocio para empresas vencelladas á traducción de aplicativos móbiles.

nexus 6 V 02

Que vos parece o novo smartphone pure Google?

Deixa un Comentario