Pastry Paradise, o xogo máis doce

Hoxe queremos achegarvos un divertido xogo chamado Pastry Paradise, cunha mecánica de xogo moi sinxela, onde só temos que xuntar un mínimo de tres pezas iguais para así facelas desaparecer e ir conseguindo os obxectivos marcados para cada nível.

Detrás desta sinxela mecánica hai unha divertida historia. A protagonista da historia é Hannah, unha pasteleira que mesturando ingredientes (as pezas que temos que xuntar) ten que facer o pastel máis saboroso posíbel.

Pastry Paradise 03

Outros modos de xogo, atopámolos nos primeiros níveis que ademáis de ser sinxelos, son unha toma de contacto para aprender a xogar, que movementos nos da máis puntos,… como vemos na captura da esquerda: temos que acadar 500 puntos xuntando doces de tres en tres (como mínimo).

A medida que imos ascendendo neles, tamén aumenta a dificultade o que fai o xogo máis entretido, e así, como vemos na captura da dereita, o obxectivo e acabar cos pasteis podres.

pastry paradise 01 pastry paradise 02

Para darlle máis axilidade ao xogo, entre os níveis temos dó entre pasteleiros, cunha mecánica diferente que consiste en ser o primeiro en acadar 30 doces (pezas) antes que o noso rival.

Coma en calquera xogo destinado a dispositivos móbiles, podemos compartir os nosos progresos en redes sociais, temos diferentes opcións de configuración (notificacións, sons,…), outra zona con táboas para ver con orde as nosas medallas e logros e mesmo unha tenda na que poder canxear as medallas que imos conseguindo durante o xogo por axudas extra.

En resumo, pensamos que é un xogo entretido co que pasar bos momentos sós ou acompañados. Podemos atopar este xogo na Play Store para descargalo de balde.

Sobre o autor

Reply