O Huawei Ascend Mate 7 chega ao noso País por 499 €

huawei ascend mate 7

Un dos produtos máis agardados de Huawei chega por fin ao noso País. Falamos do Ascend Mate 7, a última gran aposta do fabricante chinés, un trebello que destaca pola súa batería e prestacións premium de cara a competir man a man coas mellores opcións do mercado.

O novo Ascend Mate 7 incorpora unha pantalla FulHD de 6 polgadas, e no seu interior o procesador propio Kirin 925 OctaCore, que vén acompañado de 2 GB de RAM e 16 ou 32 GB de memoria interna, a elixir. A cámara principal é de 13 megapíxeles, e a frontal queda nos 5 Mpx, por riba do habitual nesa gama de produto. A batería é de 4100 mAh, co cal podemos augurar unha autonomía ao xeito.

Ademais, dispón de lector de pegadas dixitais que funciona nos 360º, conectividade 4G-LTE Cat6 (a máis rápida) e dual SIM. Vén con Android 4.4.4 Kitkat con interface Emotion UI, aínda que será actualizado a Lollipop (Android 5.0) proximamente.

O Huawei Ascend Mate 7 ten un PVP de 499 €. Algúns establecementos ofrecen ofertas especiais, como El Corte Inglés, onde se o mercamos conxuntamente coa pulseira da compañía, esta queda ao 50% (42,33 €).

Sobre o autor

Reply