Xa dispoñíbeis as tarifas 4G de Pepephone

Pepephone-1Logo dun ano complicado para a OMV Pepephone a conto da cobertura 4G, vimos de coñecer as renovadas tarifas móbiles que aplicará tanto a clientes novos, como aos antigos dende o 15 de decembro.

As novidades son as seguintes (ive incluido):

  • Tarifa 1GB: 5,9 euros/mes
  • Tarifa 2GB: 10,9 euros/mes
  • Tarifa 5GB: 29 euros/mes

pepephone tarifas dic15

As tarifas ofrecen chamadas a todos os operadores por 0cts minuto e coa posibiliade de elixir cobertura 4G ou non. Ademáis destacamos que os clientes antigos que tiñan contratada tarifa de 1,6GB pasarán automaticamente á de 2GB e os que tiñan contratados 1,2GB verán reducida a súa cota a 5,9€/mes

Estes son algúns dos cambios que lanzou Pepephone e nesta ligazón podedes consultar con máis detalle. Lembrade, agora a cobertura baixo a que opera Pepephone xa non é Vodafone se non que é Movistar, con acceso ao seu 4G.

Que vos parecen estas melloras?

Sobre o autor

No Responses

Reply