Estreamos dominio .gal!

punto gal

Desde o pasado mes de xullo o dominio .gal, a identidade galega na rede, é unha realidade. Porén, malia os nosos esforzos porque este recuncho tivese apelido galego desde o primeiro momento, non foi posíbel até o de agora.

Estamos certas de que a presenza do dominio galego no noso enderezo web contribuirá a facer máis evidente a nosa aposta pola lingua, destacando unha identidade propia que caracterizou ao noso blog durante todos estes anos de vida. Por iso, desde hoxe, Mallando no Android estará accesíbel desde www.mallandonoandroid.gal, e quen acceda desde o .com será redirixido automaticamente ao .gal.

Queremos aproveitar a ocasión para agradecer a Ismael Reyes a súa axuda para a mudanza da web, e recomentarvos que se estades pensando en mercar un dos novos sufixos galegos pasedes por Dinahosting, que os teñen por 61,65 €, IVE xa incluído. Ademais de ser unha empresa que mira polo noso País e a nosa lingua, teñen un servizo de atención ao cliente de dez.

Benvidas a mallandonoandroid.gal!

2 Comentarios

  1. Iván 5 Decembro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 5 Decembro, 2014 Responder

Deixa un Comentario