Yoigo revoluciona as tarifas de datos ofrecendo 5 GB por 19 €

yoigo

Os anos séntanlle moi ben a Yoigo, que celebra o seu oitavo aniversario cunha nova estratexia comercial que responde ás verdadeiras demandas das usuarias: máis datos a prezos axustados, pois de nada vale podermos navegar en 4G se temos tarifas de 1 ou 1,5 GBs, claramente insuficientes.

A gran novidade que Yoigo presenta hoxe é a tarifa La del Cero 5 GB, contratábel iso si por tempo limitado, desde o 9 de decembro até o 31 de xaneiro de 2015, tanto para novas clientes como para actuais. Por 19 €, IVE incluído, La del Cero 5 GB ofrece:

  • 5 GB de datos en 4G
  • Chamadas a 0 cént/min.
  • Establecemento 18,15 cént/ chamada.
  • VoIP permitida.

Actualmente non hai outras opcións semellantes no mercado. Servirá este movemento de Yoigo para facer reaccionar ao resto de operadoras?

No Responses

Deixa un Comentario