A aplicación de mapas e navegación CoPilot debuta na tenda de apps de Amazon

copilot portada

As responsábeis da aplicación CoPilot seguen ampliando as opcións para que as usuarias poidamos descargar unha das ferramentas máis completas de navegación e mapas para os nosos trebellos móbiles.

Até o de agora podíamos descargar a aplicación desde a Play Store ou a través da páxina web, unha opción  para aquelas usuarias de trebellos sen acceso á tenda de apps de Google ou que non quixeran compartir os datos bancarios coa compañía do buscador. A estas opcións súmase agora a tenda de apps de Amazon, un mercado alternativo para dotar de contido os nosos dispositivos.

copilot

CoPilot ofrécenos un completo sistema de navegación sen conexión a rede, con presenza de puntos de interese (PdIs) como restaurantes, hoteis ou atraccións nas inmediacións da ruta seleccionada. Toda a información fica almacenada no noso teléfono, polo que é recomendábel realizar a primeira descarga desde unha rede WiFi para non fundir a tarifa de datos. Grazas a isto non teremos problemas para orientarnos cando esteamos sen cobertura ou se por calquera causa non podemos acceder á rede, compo podería ser se estamos en roaming.

Deixa un Comentario