Mininovas Android: a malla da semana

Google Maps Santa Tracker, a ferramenta de Google para seguir a Papá Noel

papanoel

O Nadal achégase e a todas nos gusta recibir agasallos. Por iso, grazas a Google Maps podemos ter localizado a Papá Noel, ver os lugares por onde pasa e xa que estamos, aprender un pouco máis deles. Ademáis tamén podemos xogar ás típicas carreiras de trineos e outras actividades.

Esta é a ligazón na que temos que entrar para ter a Papá Noel localizado e mesmo podedes decargar a app desde a Play Store.

Xa podemos facernos fotos co pequeno Nicolás

pequeno nicolas

Non pode ser doutro xeito. Tiña que chegar a app coa que poder editar as nosas fotos e meter nelas a ese rapaz do que todo o mundo fala, o pequeno Nicolás. Nesta ligazón á Play Store, atoparedes a aplicación e así pasar un anaco divertido coas nosas amizades xogando a meter nas fotos do noso día a día a cara deste rapaz.

O 4G chega ás OMVs

4G

Esta semana comezamos a coñecer as novas tarifas e prezos dalgunhas OMVs e a inclusión por fin de velocidades 4G. Polo de agora, foron Pepephone, Yoigo e Tuenti as que aportaron novidades ao redor das tarifas orientadas a consumos de datos con estas velocidades, pero aínda agardamos os movementos doutras compañías para remantar a xogada.

Agardamos que con estes movementos o 4G comece a ser unha posibilidade real para o 2015.

Xa somos .gal!!

punto gal

E xa para rematar, comentar que esta semana tamén foi importante para nós, pois abriuse a todos a posibilidade de mercar domininos .gal. A importancia está en que seguindo o camiño do noso compromiso coa Terra, mudar de dominio é un compromiso máis que desexabamos de fai tempo.

Desde agora, xa podedes acceder ao blogue na seguinte dirección: mallandonoandroid.gal. Non nos digades que non é fermosa! 😉

Deixa un Comentario