Woxter lanza nova tablet: Zielo TAB 101, de 9,7 polgadas e con conexión 3G

woxter-Zielo-TAB-101

Woxter segue ampliando a súa gama de tablets con conectividade 3G, desta vez co lanzamento da Woxter Zielo Tab 101, que incorpora ranura microSIM grazas á cal poderemos conectarnos á rede e mesmo falar por teléfono, xa que tamén ten soporte para ilo.

A súa pantalla é un panel HD de 8,7 polgadas cunha resolución de 1024 x 768 píxeles, fabricada con tecnoloxía One Glasss Solution (OGS) para conseguir mellor calidade de imaxe e luminosidade, ao tempo que se aforra enerxía. No seu interior atopamos un procesador ARM Cortex A7 Quadcore a 1,3 GHz, 1 GB de RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD.

Na seguinte táboa podemos ver o resto de características.

Especificacións ténicas
Pantalla Táctil HD de 9,7” con tecnoloxía OGS IPS
Resolución pantalla 1.024 x 768 píxeles
Memoria interna 1 GB DDR3 RAM + 16 GB Flash
Lector de tarjeta Micro SD de alta velocidade (até 32 GB)
Batería Litio 7.200 mAh
Procesador ARM Cortex A7 1,3 Ghz Quadcore
Sistema operativo                     Android 4.4.2
Bluetooth 4.0
Cámara trasera 2 MPx
Conexións Micro SIM, Micro HDMI, USB OTG, auriculares
WiFi 802.11 b/g/n
Dimensións 238,7  x178,2 x 8,1 mm
Peso 595 gr

A Woxter Zielo TAB 101 vén con Android 4.4.2, na súa versión stock, e ten un PVP de 179 €.

Que vos parece?

Sobre o autor

Reply