Colours, a nova app de AxouxereGames

Hoxe queremos falarvos da nova app do estudo galego Axouxere Games. Chámase Colours e é unha sinxela aplicación que ten dous modos de xogo. O primeiro deles chámase Acumula Puntos que consiste en ir premendo botóns da mesma cor como mínimo de 2 en 2 durante 1 minuto de tempo. Neste modo de xogo temos que ter unha serie de cousas en conta:

  • Cantos máis grandes son os combos que fagamos mellor, pois máis puntos recadaremos.
  • Para conseguir máis puntos temos botóns especiais que axudan ao obxectivo final: acabar o maior número de puntos.
  • Se fallamos á hora de facer un combo, réstasenos tempo de xogo.

colours 02

colours 03

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A outra modalidade de xogo chamado Apágalo, e consiste en apagar lámpadas. Se non as conseguimos ir apagando e acabamos coa pantalla chea de luces acendidas, perdemos nesta modalidade de xogo.

colours 04

Pola nosa experiencia, debemos dicir que con este xogo pensamos que acadaremos unha mellor experiencia se o xogamos nunha tablet, pois así foi como nos achegamos a Colours no marco da Feira de Auntónomos da Galicia celebrada esta durante esta ponte na Coruña, na que Axouxere Games tiña presenza. Logo, tivemos a oportunidade de xogar nun terminal de 5,2″ e a experiencia non foi a mesma.

Colours é unha aplicación que podemos atopar para a descarga na Play Store, dun xeito gratuito. Tede en conta que é unha versión beta final, que polo nível de desenvolvemento é totalmente funcional, pero se cadra, podemos atopar algún erro.

Sobre o autor

Reply