Google News pechará no Estado español o 16 de decembro

google-news

La Voz de Galicia, El País, El Mundo… todos estes xornais teñen algo en común, forman parte de AEDE, o lobby dos medios tradicionais que conseguiu que o Goberno do Estado aprobara a Ley de Propiedad Intelectual (coñecida popularmente como canon AEDE), que obriga a pagarlles cando se enlaza contido reproducito total ou parcialmente.

Coa lei en vigor, Google tería que pagar unha importante suma de cartos a todos estes xornais, queiran ou non, por reproducir o titular e un pequeno fragmento no seu servizo Google News, algo ao que non está disposto o buscador, quen argumenta que non gana cartos con News, xa que non aparece publicidade.

O peche implicará a desaparición de información de aplicacións como Play Kiosco, Novas e Tempo, ou as tarxetas de novas de Google Now, a menos que Google chegue a acordos puntuais con algún medio.

Calcúlase que os xornais tradicionais perderán un 20% de tráfico con esta medida que eles mesmos impulsaron, o que tamén repercutirá nos seus beneficios por acceso, polo que non sorprendería que axiña vísemos medios arrepentidos que chegan a acordos con Google para evitar estas caídas, como xa pasou noutros estados de Europa. En calquera caso, se es crítica coa lei e queres informarte a través de medios non AEDE, podes facelo con estas aplicacións que che recomendamos hai uns meses (moitos que faltan, caso do galego Praza Pública, é porque non dispoñen de aplicación Android, aínda que obviamente poden ser visitados a través da web).

Vía

No Responses

Deixa un Comentario