Micromax Canvas Selfies, o smartphone para facerse autorretratos

micromax canvas selfie

O fenómeno selfie foi toda unha revelación neste 2014. Sen ter moi claro por que, os autorretratos cobraron moito protagonismo, polo que sucesivamente fomos vendo como melloraron as cámaras frontais dos nosos smartphones de cara a dar resposta a unha demanda de moitas usuarias.

O caso máis extremo é o de Micromax, un fabricante indio que vén de presentar o seu novo smartphone, o Canvas Selfie, que destaca por integrar unha cámara frontal de 13 Mpx con flash LED. Ademais do sensor en si, tamén se inclúen funcións software de cara a que as autofotos sexan perfectas, entre as que destaca Eye Enhancement, para mellorar o brillo e tamaño dos ollos, Face Slimming, para adelgazar a faciana, Skin Smoothening, para suavizar a pel, e diversas ferramentas de edición para branquear os dentes ou aplicar capas de maquillaxe.

Polo demais, dispón dunha pantalla de 4,7 polgadas e integra un procesador OctaCore a 1,7 GHz, 2 GB de RAM e 16 GB de memoria interno ampliábeis por microSD. A batería é de 2300 mAh e a cámara principal é, como a frontal, de 13 megapíxeles.

Emprega Android 4.4 KitKat e, polo momento, estará á venda unicamente na India en azul e branco.

Gustaríavos ver un trebello semellante por estes lares?

Deixa un Comentario