O libro do peto, unha app de consulta para profesionais da medicina

O estudo galego Ailalelo vén de desenvolver, axudados por gran parte dos médicos do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a applicación Libro do peto. Esta app é un manual de consulta adicado ás patoloxías máis usuais que poden atopar as profesionais da medicina no seu día a día, cubrindo un importante abano de especialidades.

A presentación da aplicación é moi sinxela como podemos ver na seguinte captura:

libro do peto 01

Atopamos un índice que nos guía polo libro dixital e así atopar o que buscamos dun xeito máis rápido. Unha vez atopada a temática, so temos que premer sobre ela. No noso exemplo, baixamos polos índice chagando ao apartado de Radioloxía. Cando prememos, atopamos dous puntos neste tema e se queremos ver o contido do punto dous, Técnicas e procedementos en Radioloxía, accedendo a información sobre radiografías simples, de tóxax, ósea,..

libro do peto 02

libro do peto 03

Como vemos é unha aplicación moi sinxela de empregar e moi usábel por todos aqueles profesionais aos que vai dirixida. Ademáis debemos destacar, que como punto ao seu favor temos un botón de favoritos para marcar como tal os temas máis habituais e así ter un acceso rápido a man e non ter que percorrer o menú cada vez que buscamos información sobre unha patoloxía.

Se estades interesados nela, podesdes descargala de balde dende a Play Store.

Deixa un Comentario