WhatsApp estaría traballando na versión web, segundo unha filtración

whatsapp web

Malia que nos últimos tempos teñen xurdido alternativas a WhatsApp que corrixen os aspectos máis febles desta (multiacceso e seguridade), o certo é que ningunha foi capaz até o momento de facerlle fronte e quitarlle o liderado.

Entre os aspectos máis demandados polas usuarias da popular aplicación de mensaxería está a necesidade dunha versión web, algo que nos permitirría empregar esta ferramenta desde o navegador, sen ter que andar sempre pendentes do smartphone. Pois ben, segundo parece, a compañía está traballando no desenvolvemento deste servizo.

whatsapp web 2

A lo menos iso é o que se desprende da apk das versións 2.11.432 (Play Store) e da beta 2.11.471 (web), en cuxo código aparecen referencia a “sesión iniciada en…” ou “WhatsApp Web”. De ser certa a información, quizais non tardemos en poder empregar WhatsApp en diversos trebellos a un tempo ou desde o ordenador.

Que vos parece? Considerades importante esta mellora?

Vía

Deixa un Comentario