Memory Map, unha app para ver a memoria do noso terminal dun xeito diferente

Para comezar a semana queremos falarvos dunah aplicación visualmente moi chula que vimos de probar. Chámase Memory Map e vai un paso máis aló dos habituais exploradores de arquivos.

memory map 02

Como vemos na captura superior, temos a parte da nosa memoria que está libre e a que non. Na parte chea adiviñamos unha especie de tetris moi visual conformado polos arquivos que temos na memoria. Segundo imos facendo zoom vemos o seguinte:

memory map 03

Agora mesmo podemos ver un pouco mellor os arquivos chegando a un punto no que se prememos sobre un, aparécenos as opcións de borrar e mesmo teremos unha preview se se trata dunha foto, ou ter información xeral se o que nos interesa é información dun cartafol: número de arquivos e tamaño total que ocupa, como vemos nas seguintes capturas.

memory map 05

memory map 06

Ademáis temos un buscador moi potente no que se introducimos a man o nome de calquera tipo de documento, foto, ou o que queira que teñamos aloxado no noso terminal atoparémolo rápidamente.

Se queredes botarlle un ollo a esta aplicación non tedes máis que pasarvos pola Play Store, onde se pode descargar de balde desde esta ligazón.

Deixa un Comentario