A película de Sherlock Holmes, de balde por tempo limitado na Play Store

sherlock holmes play store

Seguramente non haxa mellor plan para unha tarde fría de inverno que o clásico sofá-manta e unha película. Como sabedes, na Play Store hai milleiros de filmes en aluguer e compra. A diferenza entre un e outro modo é que no primeiro dispomos dun tempo limitado para velas, mentres que se a mercamos terémola dispoñíbel na nosa nube persoal de xeito ilimitado.

Para celebrar o Nadal, Google está a regalar algúns álbumes musicais e cancións soltas, mais quizais máis relevante é que veñen de pór o filme de Sherlock Holmes en formato compra totalmente de balde, iso si, por tempo limitado. Habitualmente custa 11,90 €, así que o aforro é máis ca considerábel.

Podedes facervos con ela desde esta ligazón. E logo xa a veredes cando vos apeteza 🙂

Sobre o autor

One Response

  1. Eugenio Arranz 16 Decembro, 2014 Responder

Reply