DosisPedia xa está dispoñíbel na Play Store. Analizámola

dosispedia 03

Hai uns días falámosvos de DosisPedia, a nova aplicación da xente de Smart GalApps. Esta ferramenta, que vai dirixida ás profesionais da medicina, especialmente á pediatras, resulta ser unha interesante base de datos na que facer consultas sobre os medicamentos que se poden empregar para tratar diferentes doenzas.

Pensamos que cun exemplo é moito máis doado de explicar o que nos atopamos na aplicación e por iso nós eliximos o ibuprofeno como medicamento para tratar doenzas relacionadas co corazón.

dosispedia 01

Como vemos na captura, entre outros datos, temos información relativa á dose a administrar (cantidade), a frecuencia, e mesmo algún consello relativo ao uso.

Ademáis do principal valor que nos aporta a aplicación, que é como administrar os medicamentos, temos que sinalar que a app é moi sinxela de manexar. Preséntasenos un menú no que vemos diferentes tipos de doenzas, como pode ser antiepilépticos, asma respiratorios, cardioloxía,.. e so temos que premer sobre elas e ver así a listaxe de medicamentos que se poden empregar para tratalas.

dosispedia 02

Como vemos na captura, os profesionais para os que vai dixida DosisPedia, non deberían ter maior problema á hora de facer as súas consultas.

Podedes descargar DosisPedia desde a Play Store.

Deixa un Comentario