Vodafone segue os pasos de Movistar e Orange e lanza a súa OMV ‘low cost’: Lowi

lowi vodafone

Movistar ten a Tuenti, Orange a Amena e Vodafone, a partir de mañá, terá a Lowi. As operadoras con rede propia que operan no Estado español están a replicar as estratexias que levan anos funcionando noutros estados da contorna: dispór da marca orixinal, moitas veces con certa mala imaxe polas prácticas abusivas de tempos anteriores, e dunha nova marca amigábel.

Lowi plantéxase non só como unha alternativa económica (1 GB por 6 € + chamadas a 0 cént/min), senón tamén cunha premisa diferencial: permitir empregar os megas non consumidos nun mes determinado durante o mes seguinte. Do mesmo xeito, de precisar datos adicionais a alta velocidade permitirán contratar bonos extra a razón de 200 MB / 1 €

Nun primeiro momento non ofrecerá acceso ás redes 4G (será para que Vodafone poida xustificar non abrir estas nova tecnoloxía a ningún operador que use a súa rede, como móbilR?). O que si terá é un pequeno catálogo de dispositivos para poder mercar sen cotas nin permanencias; nun primeiro momento os Android dispoñíbeis son o Sony Xperia E3 por 159 €, o Huawei Ascend G6 por 145 €, e o Samsung Galaxy Trend+ ou o Alcatel Pop C7 por 99 €.

Lowi poderase contratar online a partir de mañá o desde o 29 de decembro tamén en Media Markt.

One Response

  1. Carlos 17 Decembro, 2014 Responder

Deixa un Comentario