O LG L Fino e LG L Bello xa á venda no noso país

lg l fino lg l bello

A finais de agosto coñecemos os terminais de gama media de LG, o L Bello e o L Fino, dous dispositivos diferentes e a un tempo semellantes que veñen de ser postos á venda no noso país. Os novos trebellos ofrecen unha boa experiencia de usuario, conseguida grazas ao que o fabricante coreano foi aprendendo a base de proba – erro e, sobre todo, moita innovación nos últimos 2 anos.

Ambos os dous prestan especial atención á cámara, quizais a funcionalidade máis demandada polas usuarias de smartphones; por iso a principal é de 8 megapíxeles con funcionalidades toca-e-dispara ou disparo xestual, para as selfies. Así mesmo, coidan o seu deseño, inspirándose no G3 e mantendo unicamente un botón traseiro, sinal da identidade de LG.

lg l bello

Mirando máis polo miúdo as especificacións, o LG L Bello incorpora unha pantalla IPS de 5 polgadas con resolución FWVGA (854 x 470, 196 ppp), procesador de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna, aínda que ampliábeis por microSD. A súa batería é de 2450 mAh e está dispoñíbel en negro, branco e dourado por  batería de 2540 mAh. Estará dispoñíbel en negro, branco e dourado por 169 €.

lg l fino

Doutra banda, o LG L Fino vén cunha pantalla de 4,5 polgadas e resolución 800 x 440 (207 ppp). O seu procesador é de catro núcleos a 1,2 GHz, ten 1 GB de RAM e 4 GB de memoria interna, ademais de ranura para tarxetas microSD. A batería é de 1900 mAh e ten un PVP de 149 €.

Ambos os dous veñen con Android 4.4.2 KitKat, ademais da capa de personalización de LG.

Sobre o autor

Reply