Como mudar a app predeterminada nos nosos Android

Para a nosa comodidade, Android desenvolveu unha funcionalidade que nos permite establecer unha app de xeito predeterminado. Por exemplo, os nosos terminais xa veñen cunha aplicación nativa para navegar pola web pero se cadra as nosas necesidades van por outro camiño e precisamos outra aplicación como pode ser Chrome, Dolphin ou calquera outro navegador. Como facer este cambio, é o que vos queremos explicar hoxe.

Temos que entrar en axustes, premer sobre a app á que lle queremos quitar o status de predeterminada e darlle á opción “borrar valores predeterminados”, como vemos na captura.

app predeterminada

Agora, na seguinte oportunidade que teñamos para ver algo no navegador, volverá saltar a pregunta sobre se queremos establecer unha app para facela predeterminada tal que como podedes ver a continuación.

app determinada 02

Este é só un exemplo para facer máis doada a explicación, pois con estes sinxelos pasos é como podemos cambiar as nosas preferencias sobre calquera das apps que temos marcadas como predeterminadas.

Sobre o autor

Reply