As mellores aplicacións do 2014, segundo Google

mellores apps 2014

Na Play Store existen milleiros de aplicacións e xogos. Lamentabelmente semella que toda unha vida non chegaría para coñecelas todas, polo que ao final acabamos por reducir o número das que empregamos a pouco menos dun cento, no mellor dos casos.

Co fin de axudarnos a descubrir novas ferramentas coas que poder sacarlle máis partido aos nosos trebellos, Google vén de facer, un ano máis, unha selección das que eles consideran as mellores apps do 2014, aínda que non temos moi claros que criterios siguen para decidir incluír ou non unha aplicación determinada nesta listaxe.

Shazam, Telegram, o popular teclado SwiftKey ou a novísima Google Fit son algunhas das escollidas para figurar no grupo, mais se queredes consultalas todas non esquezades pasar por esta ligazón.

Sobre o autor

Reply