Mininovas Android: a malla da semana

Whatsapp actualízase e xa podemos eliminar o check azul

whatsapp doble check azul

Novamente temos que falar desta app, pois esta semana actualizouse para corrixir, en parte, unha das características que recentemente incluira: o doble check azul, que confirmaba a lectura da mensaxe recibida.

Esta funcionalidade non gustou moito polo que Whatsapp decidiu facela opcional nesta nova actualización para contentar a todos aqueles que vían atacada a súa intimidade con esta función.

Whatsapp e as chamadas por VozIP cada vez máis preto

Levamos unha tempada que non deixamos de recibir novas desta empresa. Desta volta, volven os rumores a modo de imaxes, sobre o que pode ser o novo sistema de chamadas pode chegar a poñer en apretos ás empresas tradicionais. Grazas a AndroidWorld, tivemos acceso ás primeiras imaxes do que podería ser a interface da aplicación, moi sinxela e funcional como podemos ver:

whatsapp chamadas 02 whatsapp chamadas 01

Habería que ver o consumo de datos que podemos ter ao facer este tipo de chamadas, pero creemos que se unha app pode facer extender este sistema de chamadas é Whatsapp, pola gran cantidade de usuarios activos cos que contan.

A OCU denuncia a varias marcas por publicidade enganosa

ocu publicidad enganosa

Neste días coñecimos por parte da OCU unha denuncia a numorosos fabricantes de terminais por enganar, segundo eles, aos consumidores coa cifra da memoria interna dos gadgets. O problema ven, por unha discrepancia entre a cifra total de gigas e a dispoñíbel para o usuario logo da instalación do sistema operativo e apps.

É certo que esta cifra final pode variar moito respecto da total e mesmo para moitos usuarios ser insuficiente, pero de aquí a calificar de enganosa a publicidade hai un abismo. As empresas publicitan a cifra total, e non a cifra dispoñíbel para os usuarios, pero isto non é un engano. Son duas cousas diferentes.

Concordamos en que canta máis información dispoña o usuario mellor, e unha recomendación para que inclúan esta información sería o correcto, agora ben, unha denuncia por publicidade enganosa, parécenos esaxerado, pois ¿cantos de nós mercamos directamente a Samsung, Sony, LG,…? O máis extendido é mercar a terceiros e de haber enganos ante a pregunta ¿cantos gigas teño para min? será por parte destes terceiros que igual teñen incentivos ao vender un determinado terminal nun determinado periodo de tempo.

Lollipop 5.1 para comezos do 2015

Lollipop

Para comezos 2015 poderíase lanzar esta nova actualización do sistema operativo que ademáis de corrixir bugs o máis destacado do coñecido até o memento é o restablecemento o modo silencio co que contabamos desde sempre e que en Lolipop fora modificado, para desacordo de moitos.

Sobre o autor

Reply