Huawei presenta na China o novo Ascend GX1

huawei-ascend-gx1

Huawei é sen dúbida unha das firmas destacadas deste 2014 que vai rematando. Durante todo o ano o fabricante chinés amosou novidosos trebellos e unha nova marca comercial máis adaptada aos estándares europeos, Honor.

huawei-ascend-gx1

Para rematar o ano, veñen de dar a coñecer na China un novo dispositivo, o Huawei Ascend GX1. O trebello destaca pola súa gran pantalla de 6 polgadas, aínda que a resolución é HD (1280 x 720). No seu interior atopamos un procesador Qualcomm Snapdragon 410 a 1,4 GHz con 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD.

huawei-ascend-gx2

A cámara principal é de 8 Megapíxeles, con flash LED, e a frontal de 2 Mpx. Ten unha batería de 3500 mAh, NFC, Bluetooth 4.0, dualSIM e capacidades 4G-LTE. Sae ao mercado con Android 4.4.2 KitKat e a capa habitual de Huawei.

Polo de agora está dispoñíbel unicamente na China por uns 210 € ao cambio, e non temos novas sobre a súa posíbel expansión a outras latitudes. Gustaríavos que chegase ao noso país?

Sobre o autor

Reply