O Meizu M1 Note, presentado oficialmente

meizu m1 note 3

A chinesa Meizu vén de facer oficial o seu novo trebello, o M1 Note, que chega en diferentes cores para aumentar as posibilidades de escolla das usuarias.

O Meizu M1 Note integra unha pantalla de 5,5 polgadas con resolución 1920 x 1080 (403 ppi). Ten ademais tecnoloxía PSR e protección Corning Gorilla Glass 3. No seu interior atopamos un procesador MTK MT6752, 8 núcleos a 1,7 GHz e 64 bits, ademais de 2 GB de memoria RAM.

No apartado multimedia temos unha cámara principal de 13 Mpx con lente panorámica de 300º, f/2.2 e capacidade de disparo de 30 fotos por segundos. A lente frontal é de 5 Mpx con distancia focal f/2.0.

meizu m1 note 2

Completando as especificacións temos dobre tarxeta SIM e conectividade LTE. A súa batería é de 3150 mAh e a almacenaxe interna de 16 ou 32 GB.

En canto a software, vén con Android 4.4 KitKat e a capa de personalización Flyme 4.0, aínda que imaxinamos que actualizará a Android 5.0.

meizu m1 note

O M1 Note estará dispoñíbel en 5 cores (branco, azul, verde, amarelo e rosa) por uns 140 € (versión de 16 GB) ou 160 € (32 GB) ao cambio, xa que polo de agora só se comerciliza na China. É de prever que chegue a Europa proximamente, aínda que os prezos serán algo superiores.

No Responses

Deixa un Comentario