A Play Store pídenos o enderezo e o teléfono para cumprir coas leis europeas do IVE

google play store

Estes días a Google Play Store está a pedir ás usuarias que completen o seu enderezo particular e teléfono para poder seguir mercando a través dela, xa sexan xogos, apps, contido multimedia ou dispositivos, aínda que para isto último era obvio que precisaban ter eses datos.

Este movemento está motivado pola nova lei do IVE que empeza a aplicarse en Europa a partir do 1 de xaneiro, polo que Google precisa saber onde vivimos para poder calcular e aplicar os impostos correspondentes á nosa compra. De non introducilos, non se nos permitirá seguir mercando a través da tenda.

Se por calquera razón xa tiñamos compartido con Google estes datos con anterioridade, o máis seguro é que non se nos pidan desta vez.

No Responses

Deixa un Comentario