Android deséxanos un feliz ano repasando os virais de 2014

No marco da campaña Be together. Not the same, a equipa de Android vén de publicar un novo spot co que felicitar o próximo ano.

O vídeo é unha homenaxe aos virais máis destacados do 2014, como a escena dos descoñecidos que se bican, a pelea de canguros de Australia, o exitoso Flappy Bird, o can – araña, Conchita Wurst ou o Ice Bucket Challenge (ou a versión alternativa galega, O Legado do Tibu).

Lembrábades todos?

Deixa un Comentario