Snowboard Party: Demostra as túas cualidades cunha táboa de snowboard

Coa chegada do inverno soen aparecer novos xogos dedicados ás especialidades sobre neve e aquí chega da man de Ratrod Studios ao noso Play Store Snowboard Party, un simulador de snowboard tanto dentro como fora da pista.

snowboard_party3

Teremos que demostrar as nosas habilidades sobre a táboa de “snow” para aprender novos movementos e melloralas e así conseguir increíbles combos e obter as maiores puntuacións posibles.

Poderemos desfrutar de ata 15 pistas tomadas dalgúns dos lugares máis fermosos do mundo, 11 snowboarders personalizables en aspecto e a apariencia, máis de 75 obxetivos de nivel, 15 logros, puntos de experiencia e actualizaciones para os atributos para ser acumulados e finalmente, unha banda sonora creada específicamente para este xogo.

snowboard_party5

snowboard_party4

Tamén podemos xogar coas nosas amizades no modo online ou desafiar a outros xogadores do mundo empregando as táboas de liderazgo online. Personalizar o teu equipo e mellorar a túa táboa para darlle un toque extra na competición.

Snowboard-Party-2

Play Store Snowboard Party (Ofrece compras integradas na aplicación)

Sobre o autor

Reply