Unlock your brain, mellora habilidades dun xeito entretido

Hoxe traémosvos unha aplicación coa que podemos aprender vocabulario dunha morea de idiomas, así como mellorar a nosa velocidade mental. Chámase Unlock your brain.

Con esta ferramenta preténdese que aprendamos dun xeito diferente. O obxectivo é adicarlle períodos de tempo curtos para esta aprendizaxe ou mellorar habilidades cando collemos o móbil, pois Unlock your brain, por defecto, modifica a nosa pantalla de desbloqueo para amosarnos unha operación matématica que debemos resolver, unha pregunta sobre como se di una determinada palabra noutro idioma ou unha cuestión tipo Trivial.

unlock your brain 02

En canto á configuración da aplicación contamos con moitas opcións. Podemos elixir diferentes níveis de idioma para achegarse máis ao de partida, que tipos de preguntas xeráis queremos responder: capitais europeas, historia dos mundiais de fútbol entre outras, como podemos ver nas seguintes capturas.

unlock your brain 08

unlock your brain 09

Ademáis debemos sinalar que podemos descargar cantos paquetes desexemos para así ter una app máis completa e poder aprender vocabulario de varios idomas, por exemplo. Iso si, tede en conta que o mellor será dispoñer dunha wifi pois o consumo de datos pode ser elevado.

Tamén dispoñemos dunha completa opción coa que se acadar todo tipo de estatísticas sobre os nosos progresos tanto diarios como semanais e comparalos coas cifras de todos os usuarios da app.

unlock your brain 10

Pensamos que pode ser unha aplicación interesante para mellorar coñecementos dun xeito sinxelo ao tempo que entretido. Se queredes descargar a aplicación, só tedes que ir á seguinte ligazón da Play Store e descargala de balde.

Sobre o autor

Reply