Mininovas Android: a malla da semana

Nokia C1. Está vez si un móbil Nokia con Android?

Trala compra de Nokia por parte de Microsoft e anunciar estes que deixarían de empregar a marca Nokia para os seus gadget con WindowsPhone, primeiro foi unha tablet e agora coñeciamos o rumor dun posible terminal Nokia con Android.

nokia c1

O nome elixido é Nokia C1 que levará Android no seu interior e contaría cunha pantalla de 5 polgadas e 2 GB de RAM. Iso si, só é un rumor e este terminal chegaría aínda dentro dun ano, polo que até entón, calquera cousa pode acontecer. O que parece claro, é a intención de lanzar máis productos Nokia co sistema operativo Android.

Snapdragon 810 con LTE cat.9 ou 10?

qualcomm

Día a día vemos que o 3G está sendo sustituido polas conexións 4G polo que non é raro que se realicen avances nesta liña. Pola expansión desta nova conexión, Qualcomm está preparando modems para os seus novos procesadores que soporten altas velocidades tanto de descarga coma de subida. Así, un modem cat.9 soporta até 450 Mb/s de baixada e 50 Mb/s de subida. Pola súa parte un cat.10 chegaría até os 100 Mb/s de subida, mantendo a mesma velocidade de baixada.

Veremos que velocidades serán capaces de soportar os Snapdragon 810, pero o problema será se as redes están á altura, cales serán as zonas de cobertura e sobretodo, cando.

Samsung Galaxy Alpha coa traseira en coiro

galaxy alpha serpe

O Galaxy Alpha é un pouco o terminal conceptual de Samsung no que por primeira vez engadiron materiais premium para a súa fabricación. Agora danlle outra volta, presentando unha edición limitada de 100 unidades, que contan como gran novidade un tapa traseira de coiro, imitando a pel dunha serpe. Contamos con catro cores distintos: granate, azul, marrón e gris. O seu prezo é de 649 euros e podedes ver todas as cores na web de Samsung.

Deixa un Comentario