TakeOff, a aplicación para programar publicacións en Instagram

Instagram tivo un crecemento espectacular dende os seus comezos, e hoxe é unhas das redes sociais de fotografía máis recoñecidas pola súa ampla base de ususarios activos. Ao seu abrigo, naceron outras apps pero hoxe queremos falarvos de TakeOff, unha app que serve para programar publicacións en Instragram.

takeoff 01

Con TakeOff podemos ter esta funcionalidade, que non está presente en Instagram, en poucos pasos. Así mesmo, TakeOff presenta una particularidade que pode non ser do agrado de todos, pois a app analiza o memento no que os nosos seguidores están máis activos e facer a publicación nese intre. O problema: non podemos publicar unha foto á hora que nos queiramos, desta parte encárgase a TakeOff por nós.

takeoff 02

takeoff 03

Tamén é certo, que a aplicación non está funcionando como debera e temos reportes sobre a publicación de fotos pixeladas (non sempre), que de seguro será amañado en sucesivas actualizacións. Tendo en conta isto, probádea con precaución e se vós gusta, podédela manter na vosa listaxe de preferencias para desfrutar dela cando funcione ben, que é como agardamos todos. A decisión é vosa.

Atoparedes TakeOff na PlayStore dun xeito gratuito.

Deixa un Comentario