Baldur’s Gate II: Enhanced Edition chega oficialmente ás plataformas Android

Chega ós nosos dispositivos android Baldur’s Gate II Enhanced Edition, xusto a tempo para desfrutalo no Nadal, para deleite de todas as seareiras desta saga creada por Bioware e publicada no ano 2000 da man de Black Isle Studios, no cal, nos atoparemos a maxia dun dos lugares máis populares no mundo de Dungeons & Dragons.

Baldur's Gate II3

Esta secuela do primeiro capítulo Baldur’s Gate, nesta edición ademáis da campaña orixinal “Shadows of Amn”, temos as seguintes expansións.

  • Throne of Bhaal.
  • Fist of the Fallen.
  • The Black Pits II Gladiadores de Thay.

Baldur's Gate II2

Baldur’s Gate II: Enhanced Edition  ten un prezo de 8,99 euros. Por último, mencionar a presencia das compras in-app non son necesarias para a trama real do xogo e empregalas é totalmente opcional.

Baldur's Gate II1

No caso de mercalas poderemos desbloquear os contidos adicionais de “A Price Paid in Blood”,”A Voice in the Dark”,”In Defense of the Wild”. Baldur’s Gate II: Enhanced Edition está dobrado en inglés e subtitulado al español.

 Baldur's Gate II4

Vía

Sobre o autor

Reply