Woxter segue ampliando o seu catálogo de tablets coas QX75, QX95 e QX105 e Nimbus 115Q

QX-105-pink-frontal

Woxter foi dando a coñecer nos últimos días toda unha serie de tablets coas que pretende aumentar as opcións das consumidoras. Son produtos que se adaptan a diferentes presupostos, comezando por uns axustados 68 €, e con especificacións máis ou menos coincidentes entre todos, agás polo tamaño da pantalla.

As novas tablets QX75, QX95 e QX105 son dispositivos sinxelos, pensados para as usuarias máis básicas que buscan un produto sen moitas florituras. Estarían orientados ao seu uso para redes sociais, correo electrónico e algún que outro servizo multimedia.

Un paso por riba sitúase a Nimbus 115Q, que conta cunha pantalla de mellor calidade, polo que sería a mellor opción para consumos de contidos multimedia máis habituais.

QX75 QX95 QX105 Nimbus 115Q
Pantalla 7” (800 x 480) 9” (1024 x 600) 10.1” (1024 x 600) 10.1” (1368 x 768)
Procesador Quadcores Cortex A7 Quadcore Cortex A7 Quadcore Cortex A7 Quadcore Cortex A7
RAM 512 MB 1 GB 1 GB 1 GB
Memoria 4 GB (+ microSD 32 GB) 16 GB (+ microSD 64 GB) 16 GB (+ microSD 64 GB) 16 GB (+ microSD 64 GB)
Cámaras 2 Mpx / VGA 2 Mpx / VGA 2 Mpx / VGA 2 Mpx / VGA
Batería 2300 mAh 4300 mAh 5000 mAh 6000 mAh
Conectividade WiFi Wifi WiFi WiFi
Prezo 68 € 117 € 119 € 159 €

Todas elas veñen con Android 4.4 KitKat na súa versión stock, aínda que con algunha aplicación do fabricante preinstalada. Case con toda seguridade non serán actualizadas a novas versións de Android.

Sobre o autor

Reply