Campaña de micromecenado: primeira dación de conta

equipo android

O pasado mes de setembro habilitamos un sistema de micromecenado que ten como obxectivo conseguir un financiamento colectivo para Mallando no Android. A idea é moi sinxela: se che gusta o que facemos, podes aportar a cantidade económica que consideres, cantas veces como che pareza oportuno, de cara a que poidamos seguir mellorando este espazo común.

Como podes ver na columna da esquerda, existen 3 bonos de axuda básicos: MiniMallandroid (3 €), Mallandroid (5 €) e MaxiMallandroid (10 €), aínda que se pode facer calquera achega múltiplo destas. Os cartos recadados adícanse integramente a cubrir os gastos de mantemento do blog e aos desprazamentos aos eventos que consideramos máis relevantes para todas vós.

Tal e como nos comprometeramos ao lanzar esta campaña, a continuación podedes observar a relación de ingresos e gastos deste primeior período (*a cantidade varía sobre o prezo dos bonos pola comisión de PayPal).

Ingresos:

  • MiniMallandroid (11): 11 x 2,55 € = 28,05 €
  • Mallandroid (19): 19 x 4,48 € = 85,12 €
  • MaxiMallandroid (16): 16 x 9,31 € = 148,96 €.
  • Doazon diferente ás básicas: 1 x 23,80 € = 23,80 €
  • Ingresos totais: 285,93 €

Gastos

  • Dominio .gal: 61,04 €
  • Avión ao evento de presentación do Nexus 6 (derivado da campaña Android En Galego): 120,60 €
  • Avión para cubrir o Mobile World Congress 2015: 113,28 €
  • Gastos totais: 294,92 €

Saldo actual (Ingresos – Gastos): – 8,99 €.

Sobre o autor

No Responses

Reply