Feliz 2015!

nadal 2015

En Mallando no Android pechamos un ano moi intenso en moitos sentidos, aínda que se tivéramos que escoller 3 momentos serían a exclusiva que demos do Moto G de segunda xeración, a consecución de Android en Galego, ou o cambio ao dominio .gal.

Con todo, agardamos que o 2015 sexa aínda máis frutífero e nas nosas mentes frikiñas xa andamos a cabilar cousas que sorprenderán ao longo do ano. Agardamos pois que para todas e todos vós, o 2015 tamén sexa un ano de éxitos e bos acontecementos. Ah! E que nos sigamos lendo outros 365 días 🙂

Até sempre, 2014! Benvido, 2015!

Equipo de Mallando no Android.

Deixa un Comentario