Hoxe entra en vigor a nova regulación do IVE europeo

android cartos

Hoxe, xunto a chegada do 2015, entra en vigor a reforma da Ley de Propiedad Intelectual, mais tamén a nova Directiva europea 2008/8/EC, que supón cambios nos impostos que se aplican aos prezos finais dos ben dixitais, como as aplicacións.

Isto está relacionado cos datos (enderezo e teléfono) que estaba a recopilar a Play Store estes días para cumprir precisamente con estes novos regulamentos, xa que son precisos para poder seguir facendo compras como até o de agora.

As usuarias notaremos estes cambios lexislativos nun incremento do prezo final de aplicacións, xogos, libros ou calquera outro ben dixital susceptíbel de ser mercado. E é que até o de agora aplicábase o IVE do lugar onde estivese establecida a empresa, polo que por exemplo Amazon, con sede fiscal en Luxemburgo, aplicaba un 3% aos libros e un 15% ás apps, porcentaxes legais dese país.

Porén, desde hoxe, para aplicar o gravame fiscal terase en conta onde se atopa o comprador e non a sede da compañía. No caso do Estado español o IVE para este tipo de bens é do 21%, polo que notaremos unha suba en moitos artigos. Ademais, a nova directiva tamén implica que os cartos recadados irán para o Estado onde se fai a compra, e non onde teña a sede a empresa vendedora.

Sobre o autor

Reply