Acer presenta o primeiro Chromebook con pantalla de 15,6 polgadas

Chromebook 15_top cover

De cara a seguir mantendo o liderado dos Chromebooks, Acer vén de dar a coñecer no CES de Las Vegas o seu novo Chromebook 15, o primeiro trebello destas características en contar cunha pantalla de 15,6 polgadas, o que supón un paso adiante no equilibro entre pantalla grande e o rendemento que achega ChromeOS.

O novo dispositivo é o primeiro da compañía que emprega procesadores Intel Core i3 e Intel  Celeron de 5ª xeración, e a súa pantalla está dispoñíbel en dúas configuracions: a primeira é un panel FullHD con amplios ángulos de visualización, e a segunda unha HD de resolución 1366 x 768 píxeles, máis económica.

Incorpora dous altofalantes frontais para conseguir maior volume e claridade, así como unha webcam HD mellorada para videochamadas de maior calidade. O apartado de conectividade complétase con MIMO 2×2 WiFi, Bluetooth 4.0, porto USB 3.0, porto USB 2.0, porto HDMI e lector de tarxetas SD. Por último, a súa batería achégalle 8 horas de uso.

En canto a deseño, conta cun aspecto compacto e reforzado, cun peso total de 2,2 Kg. É capaz de sobrevivir a caídas de 45 cm e con capacidade para soportar 60 kg enriba.

En canto a dispoñibilidade, o novo Acer Chromebook 15 estará dispoñíbel en Europa a partir do mes de febreiro en diversas opcións: 16 ou 32 GB de SSD e 2 ou 4 GB de RAM, partindo dos 279 €.

Sobre o autor

No Responses

Reply