O Asus Zenfone 2 chega aos 4 gigas de ram

Fai escasos minutos Asus presentou o seu novo flagship no marco do CES, o Zenfone 2.

asus zenfone 2 01

Mantendo a liña aberta neste 2015, monta no seu interior un procesador Intel de 64bits e 4 núcleos a 2,3 Ghz. A característica máis destacábel son 4 gigas de ram, co que se agarda que o seu rendemento sexa notábel. Ademáis dispoñemos dunha pantalla IPS de 5,5 polgadas FullHD e 64 gigas de almacenamento interno.

asus zenfone 2 03

Tamén temos que destacar a súa cámara principal de 13MP cunha apertura f/2.0 e tecnoloxía PixelMaster. A batería para alimentar o Zenfone 2 é de 3000 mAh. Como non pode ser doutro xeito sae ao mercado con Lolipop acompañado pola interface ZenUI, característica de Asus.

asus zenfone 2 02

Un aspecto que queremos destacar especialmente é o deseño pois a parte traseira lémbranos moito aos LG da serie G pola situación dos botóns de volume e desbloqueo nesta parte do terminal o que permite axustar moito os marcos da pantalla.

Este dispositivo estará dispoñíbel en marzo a un prezo aproximado de 199$. Agardamos que coa conversión a euros, este non varíe demasiado.

No Responses

Deixa un Comentario