Belty, o cinto intelixente que se afrouxa só

belty

Xa non saben que inventar! Aínda que ben pensado, se quedaba algo por crear era ISTO. Falamos de Belty, un dos centos de innovacións que se están a descubrir no CES deste ano, moi centrado nos wearables.

Trátase dun cinto intelixente que afrouxa ou aperta el soíño ao longo do día, algo moi interesante se nos sentamos nunha mesa galega, sobre todo estes días. Pero esta non é a única funcionalidade deste peculiar gadget, que tamén mide se estamos moito tempo sentados para darnos un toque e que nos poñamos en movemento, se non queremos que o trebello acabe por non dar de si.

O cinto complétase cunha app para o móbil na que podemos comprobar axustes e algunha outra cousa, imaxinamos que para darnos disgustos.

Que vos parece?

Sobre o autor

Reply