Google Cast, a tecnoloxía do Chromecast, agora para túa música

Se cadra un dos trebellos máis relevantes dos que Google presentou nos últimos tempos é o Chromecast, que nos permite enviar contido desde o noso móbil ao noso televisor facilmente e sen fíos, xa que aproveita a mesma rede WiFi compartida.

Como evolución do Chromecast veñen de anunciar Google Cast, unha nova tecnoloxía baseada no propio Chromecast que permite enviar música desde odenadores, smartphones e tablets e calquera outro trebello compatíbel, como poderáin ser wearables.

google cast

Empregar Google Cast é tan sinxelo como premer o botón de compatibilidade que aparece nas apps musicais con soporte para Google Cast, entre as que están Play Music, Rdio ou Tune In, entre outras. Con ese simple xesto a música comezará a soar no sistema compatíbel, que pode ser unha barra de son ou un centro multimedia, por poñer algún exemplo.

Tal e como anunciou LG durante a súa keynote, en primavera chegarán os primeiros altofalantes compatíbeis con Google Cast, pero Sony e Denon tamén confirmaron que terán os seus sistemas de son Google Cast ready.

Máis info.

Sobre o autor

No Responses

Reply