Intel faise co 30% de Vuzix, un dos rivais de Google Glass

vuzix m100 iago varela

Durante o pasado MWC puidemos probar os lentes intelixentes de Vuzix, a alternativa ás Google Glass máis avanzada até o de agora. Durante este ano está previsto ver numerosos avances neste eido dos wearables, seguramente cunha nova versión dos lentes de Vuzix, das Google Glass e os rumoreados modelos de Samsung e Sony, entre outros.

Intel, quen leva xa un tempo traballando nos wearables e mesmo soa como suministrador do procesador das novas Google Glass, vén de ir un paso máis aló facéndose co 30% de Vuzix, unha operación que lle custou 24,8 millóns de dólares (uns 20,8 millóns de euros).

Con este movemento a compañía norteamericana dá un paso de xigante para seguir mellorando a tecnoloxía vestíbel máis avanzada, unha moda que, a diferenza doutras, será pouco pasaxeira.

Deixa un Comentario