O LG G Flex 2 xa é oficial: todas as súas características

lg g flex 2 evento

Esta mañá filtrouse todo o que faltaba por filtrar do LG G Flex 2, o smartphone máis innovador de LG, que recolle a experiencia do último buque insignia da compañía, o LG G3, coas peculiaridades dunha pantalla curva e flexíbel como a do seu predecesor, o LG G Flex.

B6mZpzfCEAAyfkr (1)

Incorpora un panel flexíbel de 5,5 polgadas FullHD (1080p), un paso importante se temos en conta que no modelo orixinal estabamos a falar dunha pantalla de 6 polgadas con resolución 720p, o que sen dúbida era o punto que máis tiñan que mellorar. Mais tamén foron quen de recurtar ao máximo os marcos laterais, conseguindo unha experiencia de usuario na man moi superior, como veñen facendo nos gama alta desde o LG G2.

No seu interior atopamos un Qualcomm Snapdragon 800, de 64 bits a 2 GHz, e non o 810 que previamos. Ademais ten 2 GB de RAM e 16 ou 32 GB de memoria interna. Co LG G3 comparte diversas especificacións, como a batería de 3000 mAh ou as cámaras, con sensor de 13 megapíxeles con OIS e autofocus láser na principal e de 2,1 megapíxeles na frontal. En canto a software, sairá á venda con Android 5.0 Lollipop de serie.

lg g flex 2 oficial

A súa traseira plástica autorrepárase en tan só 10 segundos das rabuñadas medianamente lixeiras e a pantalla ten unha protección chamada Dura Guard Glass, que resulta moito máis resistente que as pantallas tradicionais.

Estará á venda a finais de xaneiro en Corea, pero non sabemos cando en Europa nin o prezo ao que chegará, aínda que é probábel que ronde os 700 euros de partida.

Sobre o autor

No Responses

Reply