O LG G Flex 2 adiántase á súa presentación

Malia que a súa presentación estaba programada para esta tarde, o LG G Flex 2 vén de ser completamente desvelado. Estamos a falar da evolución do LG G Flex, o dispositivo curvo que supón o cumio da innovación para a coreana LG.

lg g flex 2

O G Flex 2 é o primeiro smartphone en incorporar o novo chip de Qualcomm, o Snapdragon 810, do que xa falamos hai uns días. A súa pantalla é de 5,5 polgadas, cunha resolución FullHD 1080, un aspecto que mellora considerabelmente fronte as 6 polgadas e 720p da versión anterior.

Completan a listaxe de especificacións unha RAM 2 GB e memoria interna de 16 ou 32 GB, a elixir polas compradoras. Comparte as cámaras do LG G3, isto é, sensor de 13 megapíxeles o OIS e láser autofocus na principal e 2,1 megapíxeles para a frontal. A súa batería é de 3000 mAh e vén con Android 5.0 Lollipop de serie.

Con todo, o máis relevante é a súa capacidade para dobrar e autorrepararse, algo que xa viramos no modelo anterior, aínda que estamos certos de que veremos máis innovacións cando sexa oficial a súa presentación.

Estará dispoñíbel en gris e vermello, aínda que polo de agora non temos información de cando nin a que prezo.

Sobre o autor

No Responses

Reply