Parrot amplía a súa familia de drones cun rover, Mechanical Firefly e eXom

Máis aló do novo sistema para o automóbil do que vimos de falar, Parrot vén de dar a coñecer 3 novos drones que farán as delicias das máis frikiñas.

eXom vertical structure

Por unha banda, a familia Jumping Sumo amplíase cun rover equipado con faros e un modelo todo terreo que dispón dun eixe para traspasar todos os obstáculos, mentres que a familia Rolling Spider incorpora a Mechanical Firefly, un minidrone voador con faros para a exploración de áreas pouco iluminadas.

eXom, o drone profesional de Parrot

Un paso máis aló vai o eXom, un novo cuadricóptero autónomo cunha chea de sensores, polo que está deseñador para o recoñecemento industrial e aplicacións de representación topográfica detallada. É lixeiro, dispón unha batería de longa duración e cámara capaz de gravar vídeos HD de 270º, captar imaxes fixas en alta resolución e achegar información térmica.

eXom by senseFly 2

Ademais, tamén dispón de sensores ultrasónicos e funcionalidades que lle permiten operar de xeito autónomo unha vez definido o plan de voo para unha área determinada.

Deixa un Comentario