Parrot mudará a experiencia de condución co seu RNB6, compatíbel con Android Auto

Desde hai moitos anos Parrot é un dos fabricantes máis destacados do sector dos mans libres para os automóbiles, aínda que ultimamente a súa firma está máis ligada aos drones e outros xoguetes teleridixidos desde os nosos smartphones.

Parrot-RNB6-680x342

No marco do CES deron a coñecer o seu novo sistema para a mellora  da condución, chamado RNB6, que emprega Android 5.0 Lollipop como sistema operativo. Permite todo tipo de controis por voz, ademais de axuda á navegación, reprodución de música en streaming, control dos parámetros do vehículo e mesmo xestión de cámaras se o noso coche dispón delas.

Doutra banda, conectando o noso smartphone Andrid poderemso disfrutar de todo o ecosistema Android Auto, do que vimos un avance durante o pasado Google I/O.

Parrot-RNB6-rear-680x338

Xa na parte máis ténica, o RNB6 incorpora unha pantalla de 7 polgadas con resolución 720p, ademais de unha chea de conectores externos que van desde a radio ou GPS a HDMI, como podedes ver no vídeo que abre este artigo ou na imaxe superior.

Polo de agora non existe información sobre cando estará dispoñíbel e, sobre todo, a que prezo. De todos os xeitos, consideramos que este tipo de sistemas funcionarán mellor (comercialmente falando) se van integrados nos vehículos á hora de mercalos, polo que non sería de extranar que nos próximos meses viramos algún acordo comercial con algún fabricante de coches.

No Responses

Deixa un Comentario