Xiaomi lanza o Redmi 2, con procesador de 64 bits e conectividade LTE

xiaomi-redmi-2_2

Tras o éxito do seu predecesor, a chinesa Xiaomi vén de presentar o Redmi 2, o seu modelo para a gama media. Aínda que nun principio non está prevista a súa comercialización en Europa de xeito oficial, resultounos un dispositivo altamente interesante.

xiaomi-redmi-2

Das súas especificacións técnicas destaca unha pantalla de 4,7 polgadas con resolución 720p, procesador SnapDragon 410, de catro núcleos, 64 bits e 1,2 GHz, 1 GB de RAM e 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD. A súa cámara principal é de 8 megapíxeles, a batería de 2200 mAh e dispón de conectividade LTE e dual SIM.

Se cadra o máis relevante é que custará 699 yuans, que ao cambio resulta algo menos de 100 €, un prezo altamente competitivo para este sector.

Que vos parece?

One Response

  1. Kino 6 Xaneiro, 2015 Responder

Deixa un Comentario